Cartaz calendario do libro e da lectura

Cartaz calendario do libro e da lectura

Cara a finais do ano 2014, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia encárganos o deseño dun calendario en formato cartel para a súa distribución en bibliotecas, centros culturais e outros puntos vinculados co libro e a literatura.

O obxectivo do calendario era mostrar as datas máis destacadas relacionadas co universo do libro e a lectura, achegando información dos actos de 2015 vinculados a autores, así como os días máis sinalados ou os eventos máis interesantes.

O concepto do libro impreso foi a solución elixida para o deseño do calendario, unha idea que materializamos nunha serie de follas que se superpoñen sobre un fondo.

Conscientes de que nos enfrontabamos á creación dun cartel cun gran volume de contidos, decidimos utilizar tres columnas, de maneira que puidésemos incluír e organizar en cada unha delas a información correspondente a cada cuadrimestre.

Ver máis proxectos

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar