Club baloncesto Breogan

Club baloncesto Breogan

Trás máis de 8 anos desde a primeira versión que fixemos da web do Club Baloncesto Breogán, encárgasenos unha nova actualización da plataforma para o club.

Falar de oito ano na evolución da web é falar dun gran salto tanto de  stándares, dispositivos, técnicas... Neste caso, renovar a web non significaba perder o contido que se xerou tras estes anos. É por isto que unha das premisas que tiñamos era manter todo o volume de  noticas publicadas desde a posta  online da primeira versión.

O primeiro paso foi  migrar todo o contido (imaxes, textos, arquivos adxuntos...) á nova web, pero adaptándoos á súa nova  interface. Resolto este problema expomos unha web moita máis integrada e con máis presenza do contido xerado nas redes sociais.

Aproveitamos tamén para integrar o servizo que a  feb ofrece para estar ao día de resultados, clasificacións e partidos, automatizando este  contenio sen necesidade de xeralo manualmente.

A pesar destes servizos automatizados, moitos dos contidos créanse  dinamicamente. Para realizar estas tarefas, integramos do noso propio xestor de contido  SCMS. Tal e como pensamos o noso xestor, é posible embeber servizos de terceiros como  youtube,  flickr,  soundcloud, twitter ou , por suposto engadir imaxes, textos, arquivos adxuntos ...

Ver máis proxectos

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar