Ao son de tres

Sond3 nace en 2006 ao son de tres persoas formadas en diferentes campos: deseño, arte e tecnoloxía. Combinamos estas disciplinas para levar a cabo proxectos de comunicación, centrándonos en identidade corporativa, deseño editorial, deseño e desenvolvemento web.

Nos traballos que abordamos, independentemente do seu volume, adquirimos o mesmo compromiso e involucración. Cremos na colaboración, traballando directamente cos nosos clientes e outros profesionais de maneira ética e responsable.

Paralelamente desenvolvemos proxectos propios, que nos permiten investigar, probar e seguir gozando co noso traballo.

foto estudio sond3

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar