Evicc

Evicc

Evicc é unha empresa Galega con sede en Sarria, formada por un equipo cunha ampla experiencia na transformación e elaboración de mobiliario e interiorismo, utilizando principalmente  corian, un material con moitas posibilidades grazas á súa versatilidade. Entre os seus clientes destacan Zara, O Corte Inglés, Acciona,  Gap … entre outros.

Baseándonos nas propiedades do corian, desenvolvemos un sistema baseado en formas onduladas que serve como fío condutor nas diferentes aplicacións.

Desenvolvemos varios patróns a unha sóla tinta para focalizar a atención nas formas, e aínda sendo diferentes, denotan unha liña argumental similar que fai  recoñecible á marca.

O desenvolvemento do logotipo está baseado na tipografía  Bariol de Atipo, modificada para obter unha aparencia máis xeométrica e racional.

Papelería corporativa, monos de traballo ou vehículos comerciais son algunhas das aplicacións que deseñamos.

De forma paralela, deseñamos w desenvovemos a web corporativa da empresa, centrándonos en dous eixos: Presentar a empresa e os productos da súa última colección. Tódolos productos engádense mediante SCMS, un xestor de contidos íntegramente desenvolvido por Sond3.

Ver máis proxectos

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar