Gabinete asesor

Gabinete asesor

Gabinete Asesor é unha compañía con sedes en Lugo e Sarria, con máis de dúas décadas de experiencia no ámbito do asesoramento a empresas. Durante o ano 2015 tivemos a oportunidade de deseñar a súa identidade corporativa.

Balance anual, conta de resultados, previsión de gastos e ingresos... esta é a clase de conceptos que poñemos sobre a mesa cando examinamos a actividade diaria de Gabinete Asesor.

Reflexionando a partir deses termos logramos atopar unha solución que evoca esa idea de traballar con estatísticas e análises de datos. Resolvemos expor un imagotipo mutable, que de forma icónica representa unha gráfica variable de barras.

Aínda que empregamos un tipo de imaxe distinto en cada elemento corporativo, a asociación entre eles é sinxela a pesar das diferenzas. Isto é o que permite xerar unha liña argumental aberta, susceptible de ser aproveitada no futuro.

Finalmente deseñamos, entre outras aplicacións, a papelería corporativa, os carteis interiores e os rótulos exteriores.

Ver máis proxectos

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar