Outra forma de vivenda

Tras 20 anos, o Museo do Castro de Viladonga decide cambiar a súa imaxe e contar connosco para levar a cabo dita tarefa.
Partiamos dunha premisa imprescindible, deixar patente a relación entre conxunto arqueolóxico e museístico.
En base a esta idea, optamos por establecer esta relación dunha maneira o máis neutral posible. Por este motivo decantámonos por usar a tipogafía Mais Grotesk de Marcos Dopico, unha lineal neogrotesca baseada na tradición suíza do estilo internacional.
A partir desa primeira idea, empregamos unha liña para unir o Museo, representada cunha M e un círculo representado o Castro.
En base a esta forma resultante e a propia tipografía, aplicamos un sistema para desenvolver o fío condutor nas diferentes aplicacións.
As cores xurdiron da paleta cromática do propio Castro, ocres, verdes, marróns e cobrizos.