Marmeladas Amorodo

Marmeladas Amorodo

Situada no pontevedrés pobo de Soutelo de Montes (Forcarei), Amorodo é unha pequena empresa que se dedica á elaboración de conservas vexetais ecolóxicas.

Amorodo proponse redeseñar e actualizar a imaxe das súas conservas e confía en nós para iso.

A imaxe que desexan renovar ten carácter tradicional e está baseado nunha ilustración clásica. Representar en esencia un produto integramente colleitado en Galicia é a premisa básica da que partimos. É por iso que decidimos empregar unha iconografía moi recoñecible no imaxinario galego, concretamente usamos simboloxía dos petróglifos.

Xerando un patrón desde catro iconas diferentes, conseguimos asociar as distintas gamas de produto a cada icona, facendo da cor un elemento distintivo de cada un dos produtos ofertados.

Ao mesmo tempo, recorremos á tipografía Isaac deseñada por Marcos Dopico, que encaixa á perfección con esa idea de territorio que necesitamos transmitir.

Ver máis proxectos

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar