Mocca helados

Mocca helados

Crear e comercializar a súa propia marca de xeados era un dos grandes soños de Carlos Montero. No ano 2012 logrou materializalo.

MOCCA nace da contracción de Montero e Carlos, apelido e nome do seu creador. Son xeados artesanais, de gran calidade, feitos con agarimo e auténtica paixón. O produto ben feito é a auténtica bandeira da marca.

Carlos Montero é a persoa que dá a cara polo produto e quen conforma a empresa, de modo que a formulación da identidade pasa por darlle protagonismo ao seu nome. Por iso deseñamos o logotipo utilizando un recurso tipográfico, coa dobre C como nexo de unión entre nome e apelido. Preparamos, así mesmo, diversas variantes para as aplicacións en composición vertical, horizontal e abreviada.

Por outra banda contemplamos a opción de engadir unha lenda ou parte descritiva acompañando ao logotipo. Neste caso, "xeados"; noutros se emprega "xeados artesáns" ou ben "xeados artesáns de Lugo", atendendo á ocasión e as súas esixencias.

Temos presente que se trata dun proxecto con ampla diversidade de aplicacións e sabores. Por iso contamos con varias cores corporativas e cunha forma baseada nos conos dos xeados. Esta idea materialízase nun triángulo que actúa como vínculo e que ao mesmo tempo nos permite crear unha marca escalable, con flexibilidade e consistencia.

O proxecto de MOCCA desenvólvese a diario, polo que a gráfica aplicada permanece aberta e continúa crecendo, en paralelo ás novas necesidades que xorden.

Ver máis proxectos

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar