Revista Croa

Revista Croa

O primeiro encargo que nos ofreceron desde o Museo do Castro de Viladonga foi un redeseño completo do boletín para a Asociación de Amigos da institución.

O contido do boletín estaba conformado por artigos da autoría dos asociados, xerando en cada volume unha edición entre 100 e 160 páxinas.

Facíase necesaria unha nova maquetación que aplicar nos boletíns seguintes, así como crear unha pauta nas cubertas que homoxeneizase a aparencia de todos os números que fosen editarse no futuro.

En cada edición trátanse temáticas variadas e diversas, coa arqueoloxía como nexo común. Isto xunto co feito de darlle valor ao traballo dos socios que presentaban os artigos, impulsounos a elixir unha imaxe extraída dun dos artigos para integrala na portada. Usando unha composición similar e diferentes cores, conseguimos achegar consistencia ao conxunto das publicacións.

Transcorrida máis dunha década, realizamos algúns cambios progresivos sen perder o concepto que se expuxo, co fin de ir renovando paulatinamente a cuberta.

Ver máis proxectos

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar