Web Colexio de Arquitectos de Lugo

Web Colexio de Arquitectos de Lugo

Cinco anos despois de crear a primeira versión da web do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) na súa delegación de Lugo, a finais de 2014 levamos a cabo un redeseño completo da plataforma.

Os avances asociados a novas tecnoloxías, estándares e hábitos de navegación na internet levan ao Colexio de Arquitectos de Galicia, na súa delegación de Lugo, a encargarnos a remodelación da web que elaboraramos no ano 2009.

Afrontamos así un proceso con varias liñas de traballo, pero cos obxectivos fundamentais de redeseñar a aparencia visible da web para os visitantes e de adaptala aos novos estándares tecnolóxicos. Ademais, encargámonos da migración de todo o contido acumulado nas bases de datos durante cinco anos de traballo, por suposto sen perder a información existente.

Ver máis proxectos

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar