Web Confederación de Empresarios de Lugo

Web Confederación de Empresarios de Lugo

A finais do ano 2012, a Confederación de Empresarios de Lugo contacta con nós para levar a cabo este proxecto. Unha web cuxa esencia está nos contidos, co afán de ofrecer información útil para os empresarios, jerarquizada e organizada nos apartados de documentación, actividades, novidades, cursos?

Unha análise do comportamento dos usuarios na web permítenos observar que unha parte moi importante das visitas procedían de tablets e dispositivos móbiles. Por iso, partindo da imaxe previa coa que contaban, optamos por desenvolvela para facela totalmente accesible con independencia do dispositivo empregado.

En sintonía con este obxectivo, preocúpanos tamén axilizar ao máximo o acceso á información a través das procuras e a categorización de contidos.

Somos conscientes de que, neste caso, o verdadeiro potencial da web reside na súa xestión. Por iso integramos SCMS, un xestor de contidos integramente desenvolvido por Sond3 que inclúe servizos de distribución de información vía mail, xestión de novidades, arquivos multimedia como vídeos e imaxes, documentación tanto pública como privada; así como un sistema de usuarios e grupos que proporciona unha gran flexibilidade á hora de compartir toda esa información.

Desde o punto de vista estético, apostamos por unha web sinxela que recorra ás cores corporativas existentes. A limpeza e a orde priman sobre os efectismos, facendo fincapé na correcta organización dos contidos.

Ver máis proxectos

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar