Web Hachede Producións

Web Hachede Producións

Grazas a este proxecto fomos premiados na BID 2010 na categoría de deseño dixital.

Antes de que o linguaxe HTML5 aparecese nas nosas vidas, en ocasións tivemos que recorrer á tecnoloxía flash para plasmar ideas como a exposta neste proxecto. Non había outra forma de levalo a cabo. A inclusión de vídeos era unha das premisas e foi un aspecto que resultou determinante para decantarnos por esta  tecnoloxía.

Conscientes dos problemas derivados do seu uso, explicamos as súas limitacións aos nosos clientes.

A idea orixinal consistía en realizar, máis que unha páxina web, unha presentación interactiva da empresa, un lugar onde mostrar os proxectos realizados pola produtora que puidese visitarse desde un navegador.

A aleatoriedade, empregando triángulos e rectángulos, formou o soporte da interface, con cambios visibles en cada un dos apartados.

Este proxecto foi seleccionado e premiado na Bienal Iberoamericana de Deseño na súa edición de 2010, dentro da categoría Deseño Dixital.

Ver máis proxectos

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar