Web julia Portela Mezzosoprano

Web julia Portela Mezzosoprano

Julia Portela Piñón é unha nova mezzosoprano de Lugo, formada na Royal Academy of Music de Londres.

Plantexamos para este proxecto unha web que servise como plataforma de promoción e consulta sobre a actividade da cantante.

Organizada en tres apartados, facemos un percorrido que pasa por unha breve biografía e referencias en prensa, información sobre as súas actuacións e un apartado para poder visualizar algúns dos seus concertos ou ensaios. A web é  multiidioma e ofrece o seu contido en inglés, galego e castelán.

Optamos por unha estética sobria e sinxela, baseándonos en elementos relacionados coa ópera. A pantalla (en versións de escritorio) divídese en dous partes iguais e adapta o seu alto á resolución de cada dispositivo.

Ver máis proxectos

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Máis información Aceptar