Identidade visual para Ideahs









IDEAHS é un grupo da Universidade de Santiago de Compostela que entende a innovación, a investigación e o valor das artes e as humanidades non só como un contedor académico, senón como algo que tamén poida ser retribuído e divulgado á sociedade.
Tomando estes dous eixos principais investigación/divulgación e aproveitando o nome, partimos do propio concepto de idea asociado ao momento de descubrimento e ánimo de compartilo cos demais, simbolizado como Idea! ou de forma similar no ámbito académico como Eureka! para desenvolver a identidade.