[Son de tres] somos un estudio que deseña e desenvolve proxectos de comunicación gráfica e produtos dixitais defendendo un deseño honesto, ético e responsable.

T. (+34) 982 981 101 M. (+34) 665 660 814
info@sond3.com

Identidade e gráfica aplicada para Permoria

Universidade de Santiago de Compostela
Identidade e gráfica aplicada permoria
Identidade e gráfica aplicada permoria
Identidade e gráfica aplicada permoria
Identidade e gráfica aplicada permoria
Identidade e gráfica aplicada permoria

A identidade de Permoria constrúese a partir do concepto de espazo, materializado nun logotipo concibido como un prisma rectangular do que se conservan dúas caras que actúan como soporte activo para o nome.

A gráfica non se limita a representar, senón a intervir o propio formato, do mesmo xeito que o proxecto intervén o espazo: follas rotas, manchas, spray ou tachóns remiten á acción directa sobre o territorio e ás súas linguaxes.

Espazo e intervención fúndense nunha mesma idea: o soporte deixa de ser neutro para transformarse nun lugar de acción.