[Son de tres] somos un estudio que deseña e desenvolve proxectos de comunicación gráfica e produtos dixitais defendendo un deseño honesto, ético e responsable.

T. (+34) 982 981 101 M. (+34) 665 660 814
info@sond3.com
Sond3 estudio
Son de tres

Sond3 é un estudio de deseño e desenvolvemento web con sede no rural de Lugo, fundado en 2006 por Natalia Crecente, Segundo Fdez e Diego Vilariño.

A nosa práctica céntrase en proxectos vinculados á cultura, arquitectura, arte e investigación, entre outros contextos de traballo, para desenvolver solucións gráficas, dixitais e tecnolóxicas.

Concibimos o deseño como un proceso colaborativo, tanto con clientes como con outros profesionais. Apostamos por unha práctica profesional sólida, baseada na responsabilidade, a ética e o compromiso, que combinamos co desenvolvemento de proxectos propios como vía de investigación continua.

Traballamos en

Clientes

Distincións

Somos