Web para Permoria






Permoria é unha plataforma dedicada á creación, rexistro e difusión de intervencións artísticas no espazo público, entendendo estas accións como prácticas capaces de transformar o significado orixinal dun lugar ou dun obxecto artístico. Cada intervención altera o contexto, introduce unha nova lectura e fai visible unha capa de pensamento que, sen esa acción, permanecería oculta.
Neste diálogo continuo entre memoria / territorio / acción, Permoria constrúe un arquivo vivo no que as intervencións deixan de ser simples marcas para convertirse en relatos: xestos que reformulan a percepción colectiva e reescriben os espazos que habitamos.
A identidade gráfica inspírase nesa idea de capas, trazos e modificacións, creando un sistema visual que funciona como rexistro e como mapa: unha maneira de comprender como cada intervención altera o que vemos, o que lembramos e o que pensamos do espazo público.